CulturaCulturaÚltima hora

O cineasta Ángel de la Cruz recibe a Xociviga de Honra polo seu traballo

O cineasta agradeceu recibir este galardón que recoñece a súa traxectoria, na que inclúe un premio Goya
Ángel de la Cruz, Francisco Fumega e Miguel Anxo Fernández.

O director, guionista e produtor de cine Ángel de la Cruz amosou hoxe a súa satisfacción polo premio Xociviga de Honra, que se lle entregará hoxe, 4 de agosto, á noite na gala de clausura do festival, “porque é como recibilo na miña casa, e iso non sempre é moi doado”.

O cieneasta asegurou, nunha rolda de prensa esta mañá canda ao alcalde da vila, Francisco Fumega, e o escritor e crítico cinematográfico, Miguel Anxo Fernández; que había 30 anos, cando aínda empezaba no mundo do cine, “xa viña polo Carballiño, pois sempre estiven vencellado coas Xornadas de Cine e Vídeo, e por iso para min é importantísimo este recoñecemento”, dixo. Asemade, ofreceuse para seguir colaborando: “podedes contar conmigo sempre que queirades”, dixo.

Pola súa banda, o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, agradeceu a súa presencia dicindo que era unha persoa moi merecedora do galardón, e engadiu que “é un honor telo aquí connosco e que o faga ademais acompañado dun dos tres premios Goya que recibiu como guionista, director e produtor executivo”. O rexedor municipal asegurou que “é un dos cineastas máis importantes de Galicia, pero tamén estamos ante unha persoa que lle quere ás Xociviga, e coas que ten colaborado en moitísimas ocasións”.

Miguel Anxo Fernández destacou as películas nas que interveu Ángel de la Cruz, sobre todo as tres polas que recibiu un Goya, “ENGURRAS”, “O Bosque animado” e “O soño dunha noite de verán”, pero tamén se referiu á súa próxima película “Un home en pixama” que será, segundo dixo, o próximo premio Goya.

Artigos relacionados

Back to top button