OurenseÚltima hora

O Cineclube Padre Feijóo proxecta “Estíu 1993”, candidata española aos Óscar

A cinta gañou o premio á mellor ópera prima no Festival de Berlín e a Biznaga de Ouro no de Málaga
Laia Artigas interpreta a Frida. 

Este mércores, 4 de outubro, o Cineclube Padre Feijóo prepara unha proxección “de Óscar”: “Estíu 1993” (Verán 1993), dirixida por Carla Simón. Nesta cinta, Frida (Laia Artigas), é unha nena de seis anos que afronta o primeiro verán da súa vida coa súa nova familia adoptiva tras a morte da súa nai. Lonxe do seu entorno máis próximo, en pleno campo, a rapaza deberá adaptarse a unha nova vida.

Esta película gañou neste ano o premio á mellor ópera prima no Festival de Berlín e a Biznaga de Ouro no de Málaga. Asemade, alcanzou un singular éxito de público no noso país. A actuación de Laia Artigas, a protagonista de seis anos, cativou a todos os espectadores.

A proxección será na Biblioteca Pública-Casa da Cultura de Ourense e haberá tres pases, un ás 18:00, outro ás 20:30 e o último ás 23:00. A entrada terá un custo de 4 euros para os asociados e cinco euros para o público xeral.

 

Artigos relacionados

Back to top button