Continúan as sesións de cine ao aire libre organizadas polo Cineclube Padre Feijóo en Ourense. O vindeiro luns, día 17 de agosto, proxectaráse o clásico “Conta Comingo” de Rob Reiners. A actividade será ás 21:30 na Praza da República, entre a Biblioteca Pública Nós e a nova sede do Arquivo Histórico Provincial. A entrada é gratuíta pero o aforo estará limitado para garantir o cumprimento das medidas hixiénico-sanitarias derivadas da pandemia do coronavirus. O uso de mascarilla é obrigatorio.
“Conta Comigo” (Stand by Me, 1986) narra a historia de catro mozos dunha vila de Oregón, que se lanzan nunha aventura para atopar a un neno desaparecido. Os protagonistas son o intelixente Cornie, o rudo e sentimental Chris, o extravagante Teddy e o medorento Vern. O filme considérase un clásico do cine dos oitenta e a súa historia está basada nunha novela do famoso escritor Stephen King.
O seguinte luns, 24 de agosto, o Cineclube Padre Feijóo proxectará “Colle os Cartos e Lisca” (Take the Money and Run), de Woody Allen. A sesión será no mesmo emprazamento e na mesma hora. Todos os visionados do ciclo serán en vídeo orixinal subtitulado.