OurenseÚltima hora

Circo, teatro e danza no ‘Nadal en familia’ 2022 do Teatro Principal de Ourense

A Deputación patrocina este espazo de encontro entre a cultura e as familias entre o 23 e o 29 de decembro

Olga Mojón e César Fernández.

 

O Teatro Principal de Ourense volve situar, un ano máis, aos rapaces no centro da programación destas datas coa celebración do ‘Nadal en familia’, que achegará aos máis pequenos propostas de circo, teatro e danza entre o 23 e o 29 de decembro.

O vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández sinalou na presentación do programa a importancia de “contar con programación familiar nestas datas para achegar a cultura aos máis pequenos”, destacando a aposta da Deputación por promover a “cultura en familia” ademais de remarcar o traballo de todo o equipo do Teatro Principal por deseñar ano tras ano unha programación “moi variada” e que “fai fincapé nun público obxectivo fundamental. Porque os nenos son o noso futuro e a cultura xoga un papel importante na súa construción como cidadáns”.

Pola súa banda, a directora do Teatro Principal Olga Mojón destacou que os “nenos e as familias sempre teñen un papel chave no Teatro Principal, unha posición reforzada nestas datas a través dunha programación de Nadal que é un espazo de encontro entre a cultura e as familias”. 

Programación 

A programación arranca no Teatro Principal o 23 de decembro co espectáculo circense Gatlük, un sueño de Navidad, ás 18 e as 19:30 horas. E repetirá o día 26, ás 12 e ás 18 horas.

Despois, dúas citas de teatro infantil. O día 27 de decembro, Voa voa ás 18 horas, unha obra pensada para nenos a partir de 6 anos; e o día 28 de decembro, A nena que vivía nunha caixa de mistos, en sesión ás 12 e ás 18 horas (público familiar a partir de 4 anos).

Ademais, o Teatro Principal acollerá o día 29 de decembro ás 18 horas o espectáculo de danza familiar Nina Ninette, unha cita pensada para o público familiar a partir dos 3 anos.

Artigos relacionados

Back to top button