EconomíaEconomíaÚltima hora

Clausúrase na Gudiña o obradoiro de emprego “Terras da Castaña”

Os 20 participantes formáronse nas especialidades de conservación e mellora de montes e albanelería de fábricas e cubertas
Entrega de diplomas no Concello da Gudiña.

Un total de 20 alumnos formáronse nos últimos 9 meses, ao tempo que accederon a un posto de traballo, en actividades auxiliares en conservación e mellora de montes e en albanelería de fábrica e cubertas, grazas ao obradoiro de emprego Terras da Castaña que promoveu a Consellería de Economía, Emprego e Industria en colaboración co concello da Gudiña.

Un curso que se clausuraba na mañá do 6 de agosto, co acto de entrega de diplomas no que participaban a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, e os  representantes dos concellos participantes, José María Lago, Francisco Veiga e Martín Guerra.

No acto, Díaz Mouteira puxo en valor esta iniciativa de formación e emprego que, segundo apuntou, “incrementan a inserción no mercado de traballo dos seus participantes”. Ao fío, lembru que os obradoiros permiten, ademais, aos participantes, recibir un certificado de profesionalidade con validez en todo o Estado.

 

Asistentes ao acto de clausura do obradoiro de emprego.

 

Este tipo de programas mixtos de formación e emprego céntranse na realización de obras ou prestación de servizos de interese xeral e social que posibilitan un traballo que, xunto coa formación profesional para o emprego, procura a cualificación profesional e favorece a posterior inserción laboral das persoas desempregadas que o realizan. Tamén posibilitan que os participantes ademais de recibir formación tamén perciban o salario mínimo interprofesional.

Os 20 alumnos que hoxe remataron o obradoiro realizaron labores de mellora silvícola, ambientais e forestais en distintas áreas de lecer e montes así como traballos de albanelería en espazos pertencentes aos concellos participantes.

Artigos relacionados

Back to top button