OurenseÚltima hora

Clausúrase no Carballiño un curso de formación para desempregados

Unha ducia de persoas participaban no curso de formación para desempregados (AFD) en atención sociosanitaria que ven de concluír no Carballiño. Ao acto de clausura desta acción, promovida pola Mancomunidade de municipios da comarca do Carballiño, asistía a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira; así como o presidente da citada mancomunidade, Manuel Cerdeira; e os alcaldes dos municipios que a integran.

Esta iniciativa formativa, de 468 horas de duración, capacitou aos 12 participantes que remataron o curso para atender a persoas dependentes no ámbito sociosanitario. A Xunta de Galicia outorga ao alumnado o certificado de profesionalidade na especialidade de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, válido en toda España.

Ao longo dos 4 meses que durou, os participantes adquiriron a formación necesaria para atender en institucións sociais a persoas con especiais necesidades e manter e mellorar a súa autonomía persoal e as súas relacións co entorno, incluíndo na súa formación técnicas de atención hixiénico alimentaria e psicosocial. O módulo de prácticas, que contou cunha duración de 80 horas, desenvolveuse en centros da comarca que teñen demanda neste ámbito profesional como son o Fogar residencial de San Amaro, e as residencias San Antonio de Beariz, Nosa Señora da Sela do Irixo, e As Caldas e a Fundación Asilo Hermanos Prieto do Carballiño.

Artigos relacionados

Back to top button