OurenseÚltima hora

Clausúrase o obradoiro de emprego “Calderetas da gastronomía dos abades ata os nosos días”, en Celanova

O delegado da Xunta Gabriel Alén acudiu ao acto no que sinalou que "con estes obradoiros

O delegado da Xunta en Ourense, entregando un dos diplomas.

 

Na mañá deste luns 21 de decembro tiña lugar a clausura do obradoiro de emprego “Calderetas da gastronomía dos abades ata os nosos días” no concello de Celanova, co acto de entrega de diplomas aos 20 alumnos que participaron no proxecto, no que a Consellería de Emprego e Igualdade investiu máis de 465.000 euros.

O acto contou coa presenza do delegado da Xunta Gabriel Alén, acompañado do alcalde de Celanova, Antonio Puga. Na súa inervención, Alén destacou que os obradoiros están dirixidos á “realización de obras ou prestación de servizos de interese xeral e social que posibiliten un traballo que, xunto coa formación profesional para o emprego, procure a súa cualificación profesional e favoreza a súa posterior inserción laboral”. Unha formación impulsa tamén o emprendemento, xa que os beneficiarios reciben formación específica que lles permitirá iniciar os seus propios proxectos.

 

Asistentes á clausura do obradoiro.

 

Gabriel Alén subliñou que estes programas mixtos de formación e emprego porque “aportan unha formación eminentemente práctica” ao tempo que son “unha oportunidade para as persoas que se atopan nunha situación de desemprego”. Con estes obradoiros a Xunta pretende ampliar as oportunidades laborais das persoas con dificultades para o acceso ao mercado de traballo. Hoxe mesmo, os participantes recibiron un diploma que acredita tanto a experiencia formativa como a actividade laboral desenvolvida polos alumnos.

Promovido polo concello de Celanova, no obradoiro de emprego Calderetas da gastronomía dos abades ata os nosos días participaron 20 alumnos desenvolveron, en dous módulos complementarios, actividades teórico – prácticas en dirección e produción de cociña e dirección en restauración; abordando temáticas como o tratamento de xéneros culinarios, o deseño e comercialización de ofertas de restauración e o inglés profesional para servizos de restauración.

En Celanova, o delegado territorial, anunciou que a Xunta “aprobou na recente convocatoria de obradoiros a concesión dun novo proxecto, O Refectorio, na que a Consellería de Emprego e Igualdade investirá case 347.000 euros, e participarán os concellos de Celanova, Bande e Verea”.

Artigos relacionados

Back to top button