DeportesÚltima hora

O Club Natación Pabellón Ourense, no campionato de España júnior e absoluto

Na primeira xornada Jacobo Caride igualaba a súa mellor marca en 100 costas

Os nadadores do CNPO veñen de completar a primeira xonada do campionato de España júnior e absoluto que se celebra en Tarrasa (Barcelona).

Tal como informan dende o club ourensán de natación, neste primeiro día de competición Jacobo Caride igualou a súa mellor marca en 100 costas logrando o posto 16º en categoría júnior. Un resultado que para o seu adestrador Dani Toro, “é un bo síntoma do estado de forma xa que Jacobo adáptase moito mellor aos douscentos”.

Con respecto ao equipo de relevos, o cuarteto formado por Antón Rodríguez, Noel Quiroga, Héctor Álvarez e David González, facía un crono de 8 minutos e 9 segundos logrando a duodécima praza entre os participantes júnior.

Na xornada do xoves nadarán Noel Quiroga (1500 libre), David González e Héctor Álvarez (100 braza) e Antón Rodríguez (100 libre).

Artigos relacionados

Back to top button