DeportesÚltima hora

O Club Voleibol Ourense cae en casa ante o líder da 1ª nacional feminina

As ourensás plantábanlle cara ás madrileñas do Rivas pero acababan perdendo por 1-3
O equipo ourensán saudando ao público.

Pelexaron plantándolle cara pero, finalmente, as rapazas do Club Voleibol Ourense “Hemisferios Ribeira Sacra” caían derrotadas por 1-3 ante o líder da primeira división nacional feminina de voleibol, Rivas Ciudad Deporte de Madrid.

O partido, disputado na cancha do Pompeo en Ourense, comenzou de costas para as ourensás cedendo os dous primeiros sets por 17-25 e 19-25. Mais aínda quedaba partido e na terceira manga as locais “saíron á pista convencidas de plantarlle cara ao Rivas, véndose un set espectacular en canto a xogo de conxunto que fixo vibrar como nunca ao público”, explican dende o CVO. As ourensás venceron ese set por 25-20 con momentos de brillantez por parte de ámbolos dous conxuntos.

Xa no cuarto set, malia comezar dominando chegando a situarse con 21 a 17 “varios erros no remate” fixeron que as madrileñas conseguiran darlle a volta ao marcador, remarando co 22-25 e os tres puntos puntos en xogo”.

Malia esta derrota o CVO Hemisferios sitúase nunha cómoda sétima posición con 8 puntos na clasificación. A seguinte cita será a vindeira fin de semana en Madrid para enfrontarse ao Fuenlabrada, oitavo clasificado a catro puntos das ourensás.

Artigos relacionados

Back to top button