DeportesÚltima hora

O CNPO comeza a tempada de piscina na Copa Deputación de Ourense

A competición empezará ás 17:30h. deste sábado, 21 de outubro, na Piscina Municipal Rosario Dueñas
Un nadador en plena competición.

Igual que nas edicións anteriores, o Club Natación Pabellón Ourense comeza a tempada 2017/2018 de competicións en piscina na II xornada da Copa Deputación de Ourense que se celebrará esta fin de semana na piscina Rosario Dueñas.

Tal como adiantan dende o club ourensán, a proba será en formato “nadador completo”, no que as diferentes categorías dende benxamín “nadarán unhas determinadas probas nas tres xornadas das que consta o campionato, acumulando puntos en función da marca realizada”. A principal estratexia dos participantes reside en sacar marxe nos estilos principais de cada nadador para mantela no resto de probas.

Esta competición será o primeiro test de forma para o equipo ourensán desde que comezaron os adestramentos e tamén “unha oportunidade en moitos casos de lograr rexistros que sirvan de trampolín para a clasificación dos campionatos autonómicos e estatais, cara onde vai orientada a preparación dos xoves nadadores”, explica o adestrador, Alberto Taboada.

As probas comezarán ás cinco da tarde no Pavillón Municipal do Remedios con entrada gratuíta.

Artigos relacionados

Back to top button