OurenseÚltima hora

Colaboración entre o Concello de Ourense e a Universidade de Vigo para a 23ª MITEU que arranca hoxe

Ata o 28 de abril actuarán nomes como Quico Cadaval, Leo Bassi ou a Compañía Yllana
Sinatura do convenio de colaboración entre o Concello de Ourense e a Universidade de Vigo.

A 23 edición da MITEU que arranca esta tarde, contará coa participación de 28 grupos procedentes de sete países. Entre os espectáculos deste ano hai nomes como os de Quico Cadaval, Leo Bassi (18 de abril) ou a compañía madrileña Yllana (27 de abril). E para o seu desenvolvemento, o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e o reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, veñen de asinar un convenio de colaboración.

Dende a Universidade de Vigo destacan a importancia desta cita porque “é a culminación da Aula de Teatro universitaria” así como “un factor de intervención social e cultural de gran importancia na cidade”. Pola súa banda o Concello reitera o compromiso, dende a súa área de Cultura, con este escaparate do teatro universitario que se ten convertido “nun dos eventos culturais máis importantes da cidade”.

A sinatura contou coa presenza da actriz Fina Calleja, en representación da organización da Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense.

 

Artigos relacionados

Back to top button