
Unha das afeccións de David López, veciño de Petín e un dos fundadores de Protección Civil da Rúa, é coleccionar todo tipo de obxectos. Dende periódicos antigos ou réplicas en miniatura de coches (turismo e tamén de emerxencias) ata selos, moedas, bandas deseñadas, álbumes de cromos e fotos antiguas e mesmo libros ou pins.
No marco da xornada sobre o Camiño de Inverno que se celebraba neste sábado no Centro Cultural Avenida, David colocaba nunha das paredes do vestíbulo do cine, un cadro cos pins vencellados ao Xacobeo que foi recompilando ao longo dos anos.
