ConcellosO BarcoÚltima hora

Colleita de patacas con singulares e graciosas formas nunha horta da Carrúa (O Barco)

 

Por segundo ano consecutivo, a colleita de patacas que Yoly, veciña do Barco, vén de recoller na súa horta da Carrúa, número 29, sorprende polas singularidade e orixinalidade das súas formas, pero tamén polo seu tamaño. “Son moi grandes, este foi un ano de moita cantidade, algunhas pesan de 800 gramos a 1 kg 200 gramos”, explica esta barquense.

 

 

Cultiva unha pataca de tipo Red Pontiac ( vermella) e Kennebec (branca) e sacaas da terra coa aixada. Malia que predominan as grandes, hai patacas de tamaños diferentes, pero ningunha delas pasa desapercibida e mesmo, botándolle un pouco de imaxinación nalgúns casos poden verse figuriñas e incluso identificarse algunha inicial.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button