ConcellosQuirogaÚltima hora

Comeza a obra de arranxo da pista de acceso aos miradoiros turísticos de Vilañán (Quiroga)

 

Comezaron os traballo de arranxo da pista de acceso aos miradoiros turísticos de Vilañán (Quiroga). Trátase dunha pista duns 4 km que une o citado núcleo de pobocación co despegue de parapente e o miradoiro. “A Dirección Xeral de Turismo aporta 36.000 € para as intervencións que consisten en traballos de motoniveladora, realización de cunetas e pasos de auga e na colocación de grava compactada nalgúns tramos da pista”, segundo o Concello de Quiroga.

Ata a zona acudía o alcalde quirogués, Julio Álvarez, que se reunía alí co concelleiro de Deportes, Andrés Novoa, co técnico municipal e co encargado da empresa que realiza a obra. A visita comezaba na zona do miradoiro, onde xa se comezou a colocar e compactar a grava.

Nesta zona, considerada polos afeccionados a este deporte como unha das mellores polas súas térmicas, realizaranse labores de roza e fresado. Tamén está prevista e semente de especies herbáceas nunha zona duns 400 m2.

 

 

Ademais desta obra, estase a espera, como confirmou o alcalde Julio Álvarez, de que se comunique o inicio do arranxo do Miradoiro de Vilañán. A intervención no miradoiro complementará o traballo iniciado polos veciños deste núcleo.

Co acondicionamento da pista do despegue de parapente, do miradoiro de Vilañán e dunha rúa no núcleo dos Novais para o que se conta cunha achega do plan HURBE da Dirección Xeral de Urbanismo son máis de 120.000 € os que inviste o Concello de Quiroga de cara ao turismo do municipio e do Xeoparque Montañas do Courel.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button