ConcellosQuirogaÚltima hora

Comeza a reparación da traída queimada polos incendios forestais en Quiroga

 

Comenzaron as obras de reparación da acometida de auga á Quiroga grazas a un convenio de 138.663,58 € con Augas de Galicia. A acometida fora danada polos incendios forestais do pasado mes de xullo. A tubaxe xeral viuse afectada polo lume nun importante tramo na zona de captación no río Ferreiriño en Leixazós e Campodola.

Ante a situación de risco extremo de quedar sen abastecemento municipal desta traída que fornece a varios depósitos cos que se dá servizo a 1.289 usuarios das parroquias da Ermida e Hospital, así como á totalidade do casco urbano de Quiroga, a Xunta de Goberno Municipal decretou a urxencia de realizar estas reparacións.

A totalidade da financiamento correrá a cargo de Augas de Galicia, grazas a un convenio asinado entre a Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, e o alcalde do Concello de Quiroga, Julio Álvarez.

Segundo matizou o rexedor local, as actuacións do restablecemento das infraestruturas de abastecemento danadas polos incendios forestais engloban o cambio da tubaxe queimada e tamén facer un sistema de derivación para cando sexa preciso e poder bombear desde a Vergaza. Este sistema de derivación permitiría coller a auga no último tramo do río Ferreiriño, evitando problemas como o que se tería en caso de choivas intensas co arrastre de cinsas na zona de captación, ou outros que poidan xurdir.

Esta mañá Julio Álvarez, acompañado do concelleiro de Medio Ambiente, Luis Manuel Arias, achegouse ata a zona para comprobar o inicio dunhas obras que considera moi urxentes e necesarias.

Artigos relacionados

Back to top button