A RúaConcellosÚltima hora

O aviso dun incendio urbano en Vilela (A Rúa) mobiliza aos servizos de emerxencia

 

Nova incidencia na Rúa. No mediodía deste luns 12 de maio, o aviso dun incendio urbano en Vilela mobilizaba aos servizos de emerxencia.

Os feitos producíanse cerca das 14:30 horas na rúa Albaida onde o fume nunha vivenda alertaba aos veciños, tal como indican fontes presenciais, explicando que podería ser debido a unha tixola no lume. Unicamente houbo que lamentar danos materiais.

Ata o lugar achegábanse os bombeiros do parque comarcal, voluntarios de Protección Civil da Rúa, Policía Local, GES Valdeorras e Garda Civil.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button