ConcellosTrivesÚltima hora

Comeza a segunda fase das obras na rúa Real de Trives

 

Dende o Concello da Pobra de Trives vén de informarse do inicio da segunda fase das obras na rúa Real desta vila. “O pasado ano levamos a cabo a primeira fase que mudou de xeito significativo esta rúa para poñela en valor. Hoxe comenzan as obras. Unha  actuación histórica que pretende recuperar o noso, a nosa esencia de pobo, o noso legado, a nosa historia.”, adiantan dende o grupo de goberno local.

“Acadamos outra subvención para o empedrado da rúa Real que fai posible a execución material desta rúa tan esquecida por todos durante tantos e tantos anos… Quen ben coñeza a historia da nosa vila entenderá a importancia de esta rúa:”, destacan dende o equipo de goberno trivés.

Neste senso, lémbrase que a actual rúa Real foi “Camiño Real: por aquí pasaba o Camiño Real que viña dende castela (terra coa que a nosa vila tivo importantes vínculos). Un trazado escollido de gran relevancia histórica e que deixou pegada no noso escudo coa Coroa Real (un escudo que tamén estaba xa no olvido e que volvemos a recuperar pois é a mellor pegada viva que narra a nosa importante historia)”.

Ademais o Concello alude á relación co Camiño de Santiago, citando a algúns estudosos, e tamén ao paso da Via Nova romana. “Coñecedores da relevancia histórica e patrimonial, nada máis chegar ao goberno propuxémonos mudar esta rúa; recuperala. Non atopamos as súas antigas pedras a pesares das prospeccións feitas e distintas indagacións… (ese era o noso obxectivo) e preparamos un proxecto de empedrado que levamos a patrimonio que o aprobou e á Deputación que o financia cos plans provinciais”.

Fotos: Concello de Trives.

Artigos relacionados

Back to top button