En portadaSanidadeÚltima hora

Comeza a vacinación contra o Covid da poboación de 50-55 anos no Hospital de Valdeorras

Ademais deste centro, na área sanitaria ourensá hai outros dous puntos de vacinación: o Hospital de Verín e o recinto de Expourense

Unha das persoas citadas, antes de entrar para ser vacinada no Hospital de Valdeorras.

 

Tras a experiencia piloto realizada o xoves na Cidade da Cultura, en Santiago, neste sábado 13 de marzo comenza na provincia de Ourense e tamén no resto de Galicia a vacinación masiva das persoas de entre 50 e 55 anos.

 

Vacinación no Hospital de Valdeorras./ Cedida.

 

No caso da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras tres son os puntos de vacinación: un deles o Hospital Público de Valdeorras, onde están citadas 250 persoas do Distrito Sanitario do Barco. A partir das 9h. comezaban a administrarse as doses da vacina de AstraZeneca ás persoas convocadas. O remate da vacinación está previsto para as 15h.

 

Foto cedida.

 

Un segundo punto de vacinación está no Hospital Público de Verín, onde están citadas 200 persoas deste distrito sanitario. Finalmente, na cidade de Ourense están convocadas 1.700 persoas para ser vacinadas en Expourense entre as 9h. e as 21h. deste sábado. Catorce equipos de enfermería da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras serán os encargados das inmunizacións na cidade, nun operativo que contará co apoio do persoal de loxística, Protección Civil e dos corpos de seguridade locais e autonómicos.

A vacinación tamén se desenvolverá no resto de áreas sanitarias galegas. Segundo a Consellería de Sanidade, están citadas 19.000 persoas no conxunto da comunidade.

 

Vacinación no Hospital de Valdeorras./ Foto cedida.

 

Neste grupo de idade, formado en Ourense por unhas 25.000 persoas, na actualidade xa está vacinado case o 10 por cento, pertencentes aos colectivos nos que se priorizou a vacinación, como os sanitarios.

 

Puntos de vacinación en Galicia para persoas de entre 50 e 55 anos neste sábado./ Fonte: Consellería de Sanidade.

 

Vacinación no Hospital de Verín./ Cedida.

 

Equipos de vacinación no Hospital de Verín./ Cedida.

Artigos relacionados

Back to top button