ConcellosO BarcoÚltima hora

Comeza o Obradoiro dual de Emprego “Valdeorras Embelece II”

Conta con 20 alumnos dos concellos do Barco, Vilamartín e Petín

 

Vén de presentarse o Obradoiro dual de Emprego Valdeorras Embelece II, que terá un ano de duración. Con el dase continuidade ao que se desenvolveu ata o mes de xullo, coma neste caso nos municipios do Barco, Vilamartín e Petín. A subvención concedida para este proxecto é de 503.987 euros, o que permitirá a formación de 20 alumnos-traballadores durante un período de 12 meses. Dos 20 alumnos que se formarán neste obradoiro, 12 o farán no módulo de actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería, e 8 no de traballos de carpintería e moble. Uns 8 alumnos son residentes no Barco, 7 en Vilamartín e 5 en Petín.

De acordo co proxecto, no municipio do Barco de Valdeorras realizaranse traballos de acondicionamento de zonas axardinadas no núcleo do Barco, bancos de madeira, valado de parques infantís e cobre contedores. En Vilamartín de Valdeorras o obradoiro realizará tarefas de acondicionamento das zonas axardinadas na contorna do Bañadoiro, valado de parques infantís, plantación de árbores froiteiras e de sombra, bancos de madeira, cobre contedores e poda en xardíns de diversos núcleos do municipio.

No concello de Petín o obradoiro empregarase no acondicionamento das zonas axardinadas nas piscinas de Petín, o acondicionamento de zonas axardinadas na praza de Petín, plantación de árbores xunto ao muro do cemiterio de Petín, acondicionamento do parque infantil na Portela, valados de madeira en parque infantil municipal de Petín, peche en praza da Portela, banco de madeira, e poda en xardíns de diversos núcleos do municipio.

Na presentación celebrada este mañá, que supón o inicio das clases do obradoiro, estiveron presentes todos os alumnos traballadores, os profesores e persoal administrativo e os alcaldes dos tres municipios que colaboran neste proxecto, Alfredo García, alcalde do Barco, Enrique Barreiro, de Vilamartín, e Raquel Bautista, de Petín.

Artigos relacionados

Back to top button