O Barco camiña cara as datas da celebración máis importante do ano na vila: a do Cristo. Nestes días xa se ían coñecendo algúns detalle do que será esta cita, como o seu pregoeiro e tamén o anuncio de que, por segundo ano consecutivo, non haberá Descenso do Sil.
Neste marco este mediodía comezaban xa colocarse as luces nalgúns puntos como son o casco antigo: a praza Maior e o inicio do Paseo do Malecón.
Fotos: A.R.