ConcellosLaroucoÚltima hora

Comezan as festas na honra a Santa María dos Remedios, en Larouco

O día grande será mañá, 8 de setembro con procesión, misa e a orquestra Salsanera

Procesión dos Remedios en Larouco antes da pandemia./Foto: Mónica G. Bellver.

 

A do 8 de setembro é unha festa relixiosa que se celebra en infinidade de localidades galegas. Unha delas, que ten á Virxe, Santa María dos Remedios como patroa, é Larouco, cuxa comisión de festas preparou un programa con cultos, moita música, xogos populares e mesmo unha comida.

A festa comeza hoxe, xoves 7 de setembro, co campionato de petanca xa pola mañá e verbena a cargo do trío Nostalgias a partir das 23 horas, seguida por unha festa de dj’s no bar da festa.

Mañá será o día grande. Pola mañá haberá un pasarrúas a cargo da agrupación Abertal da Rúa que encherá a localidade co seu son tradicional, acompañando tamén a procesión coa imaxe da Virxe que comezará ás 13 horas percorrendo boa parte da vila ata rematar de novo na igrexa parroquial onde se celebrará a eucaristía. Ese día o baile correrá a cargo da orquestra Salsanera que actuará en sesión de tarde e verbena, rematando xa de madrugada ao son da disco móbil Chocolate.

Lonxe de rematar a festa continuará o sábado día 9 de setembro. Ás 16 horas haberá campionato de tute e a partir das cinco, tarde de xogos infantís. E xa pola noite, a partir das nove haberá unha pancetada popular con sorteo de rifas, e baile en sesión de tarde e verbena con Disco Stuu.

Artigos relacionados

Back to top button