A GudiñaConcellosÚltima hora

Comezan as obras da senda peonil de acceso á estación do AVE da Gudiña

A actuación, adxudicada por 48.100 euros e cun prazo de execución de tres meses, consistirá na construción dunha senda pola marxe esquerda da estrada OU-533

 

Veñen de iniciarse as obras de construción dunha senda peonil na estrada OU-533 para facilitar o acceso á nova estación do AVE, no concello da Gudiña. Estas actuacións, adxudicadas á empresa Consernor S.L. por un importe de 48.100 euros, teñen un prazo de execución de tres meses, tal e como informa a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade.

Os traballos consistirán na construción dunha senda de formigón pola marxe esquerda da estrada OU-533, desde o punto quilométrico 0+070, no paso baixo o ferrocarril, ata as proximidades da localización da futura estación Porta de Galicia.

 

 

O itinerario terá unha anchura de 2,50 metros desde o inicio e ata o punto onde abandona a marxe da estrada e pasa a discorrer máis afastada, aproveitando a antiga calzada, onde, ao dispoñerse de máis espazo, se ampliará ata os 3 metros.

Este proxecto mellora a accesibilidade á nova estación, “se ben cómpre que se resolva a súa continuidade por parte de ADIF nos terreos internos da terminal e no paso inferior, que provoca un estreitamento e unha redución de gálibo que debe ser solucionada”, segundo a consellería. A administración galega xa lle trasladou esta cuestión a ADIF.

Artigos relacionados

Back to top button