O Concello de Ourense inicia as obras de embelecemento e acondicionamento das zonas verdes do parque de San Lázaro. O obxectivo destas obras é o de “devolverlle a cor e o esplendor a un dos parques máis transitados e emblemáticos da cidade”.
Os traballos consisten nun primeiro momento, no escarificado e cavado dos lugares onde se vai actuar, para despois recebar o terreo con substrato para abonalo. A continuación instalaranse aproximadamente 1.100 m2 de céspede, para rematar coa plantación de máis de 1.800 xeranios e ledicias.
O tenente de alcalde e concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Pumar, explicou que “esta actuación está en liña coas obras de acondicionamento e embelecemento que se están levando a cabo nos parques e xardíns da cidade” e que ían “actuar progresivamente en toda a cidade para que os veciños poidan gozar e presumir do seu Ourense”.