ConcellosTrivesÚltima hora

Comezan as obras de empedrado na antiga rúa Real de Trives

Imaxe do inicio das obras na rúa Real da vila da Pobra de Trives./ Foto: Concello de Trives.

 

A histórica rúa Real de Trives renovará pronto a súa imaxe. Acaban de comezar as obras na rúa Real de Trives, que suporán “mudar o formigón actual por un empedrado de calidade e propio de unha rúa da importancia de esta: Camiño Real, Camiño de Santiago e Vía Nova pasan por este trazado que poremos en valor e adecuaremos despois de ter acadado o orzamento a través dos planes provinciais da Deputación”, tal e como destaca o Concello de Trives.

Ademais o grupo de goberno trivés destaca que se trata dunha “obra que, sen dúbida, marcará un antes é un despois na nosa vila polo valor histórico, cultural, patrimonial e paisaxístico que comporta. Foi unha das primeiras cousas polas que o equipo de goberno do Concello loitou dende a súa chegada e que tras pasar as pertinentes e obrigadas autorizacións e permisos de patrimonio, acadar a subvención, tramitación interna…, hoxe é xa unha realidade”.

Este proxecto de intervención na rúa Real de Trives farase por fases e prevese que as obras rematen para o ano que vén.

Artigos relacionados

Back to top button