OurenseÚltima hora

Comisión de coordinación provincial para a seguridade viaria en situacións meteorolóxicas extremas

Asistentes Comisión de Vialidade Invernal.

 

O subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González, presidiu esta mañá a Comisión de Coordinación Provincial para a Seguridade viaria en Situacións Meteorolóxicas Extremas. Á reunión asistiron representantes de Tráfico, Estradas, Xunta, Deputación e Fegamp, así como o delegado da Xunta en Ourense.

O subdelegado destacou “a boa coordinación e colaboración” entre a Dirección Xeral de Tráfico (DXT) e as distintas institucións da provincia para facer fronte a nevadas e posibles temporais que poidan presentarse na tempada invernal. Tamén revisou os operativos e os medios cos que conta a Administración Xeral do Estado na provincia para resolver situacións de alarma e prealarma tanto en autovías como en estradas nacionais, que inclúen 23 camións quitaneves, 115.534 litros de salmoira almacenados en tres plantas e 5.534 toneladas de sal en dez silos.

 

Comisión de Vialidade Invernal.

Artigos relacionados

Back to top button