ConcellosÚltima hora

A comisión de San Roque, no Barco, non organizará as festas por respecto aos falecidos no barrio

Tomaban a decisión tralo alto número de veciños finados en poucos meses no barrio
Vista parcial do barrio de San Roque no Barco de Valdeorras. /Foto: Mónica G. Bellver.
Vista parcial do barrio de San Roque no Barco de Valdeorras. /Foto: Mónica G. Bellver.

As festas de San Roque non se celebran ata mediados do mes de agosto, pero a organización deste tipo de eventos populares require de tempo e as comisións comezan cos preparativos con meses de antelación. Iso foi o que fixo a comisión que se encargou nos últimos anos das festas no barrio de San Roque no Barco de Valdeorras, un grupo de xente que leva pelexado moito para organizar uns festexos por e para o barrio.

Por iso foi dura a decisión que tomaban de non organizar este ano o apartado lúdico do programa. “O barrio enteiro está de luto porque nos últimos meses foron moitas as persoas falecidas no barrio, xente implicada coas festas, veciños nosos, así que tomamos esta decisión por respecto á dor destas familias que perderon a un ser querido”, explican dende a comisión.

Artigos relacionados

Back to top button