PolíticaÚltima hora

Comité Executivo Nacional do Partido Popular

Despois de asistir ao Comité Executivo Nacional do PP, o presidente provincial do PPdeOU puxo en valor o traballo realizado na planificación do 28-M: “Somos a formación coa maior capilaridade territorial e a máis próxima aos veciños"

 

O presidente provincial do PPdeOU, Manuel Baltar, participaba esta mañá en Madrid na reunión do Comité Executivo Nacional do PP, presidida polo presidente nacional, Alberto Núñez Feijóo. Despois da reunión, Baltar sinalaba que o PP “está preparado para un gran triunfo nas eleccións municipais do 28 de maio, antesala da vitoria nos comicios xerais que determinarán a presidencia do Goberno de España para un ourensán como Alberto Núñez Feijóo”.

O presidente provincial puxo en valor o traballo e a planificación realizada polo Partido Popular de cara ao 28-M: “Somos a formación política coa maior capilaridade territorial e a máis próxima aos veciños, que atopan en nós o que somos, unha ferramenta de progreso coa capacidade e o músculo para transformar os territorios dende os gobernos”.

Manuel Baltar destaca o “gran equipo” do Partido Popular, “plural e con atractivo para seguir sumando talento, incorporando a persoas con capacidade para ampliar a base social deste proxecto político”. E deu os parabéns polos seus nomeamentos dentro do Comité Executivo Nacional, aprobados esta mañá a proposta do presidente nacional, a Carmen Fúnez -nova vicesecretaria de Políticas Sociales e Reto Demográfico-, Borja Sémper -novo vicesecretario de Cultura e Sociedade Aberta- e Carmen Navarro -nova vicesecretaria de Estudos-.

“Este é un partido perfectamente engraxado e conectado coa sociedade, en disposición de gobernar España nos vindeiros anos do século XXI”, remarca o presidente provincial do PPdeOU, “e dende Ourense contribuiremos cun gran resultado tanto nos comicios locais como nas vindeiras eleccións xerais”.

Artigos relacionados

Back to top button