SanidadeÚltima hora

Como atender ao paciente traumatizado con rapidez e seguridade de xeito práctico e en tempo real

Ourense acollerá mañá o curso de control da hemorraxia traumática que aplica o aprendido polo persoal militar en recentes conflitos bélicos

 

Ourense inicia o seu XIV ano como sede do curso ATLS (Advanced Trauma Life Support) que celebrará este ano a 500 edición do curso en España, que promove a Asociación Española de Cirurxáns replicando o modelo formativo de atención ao paciente politraumatizado do Colexio Americano de Cirurxiáns, graves en risco vital, onde a rapidez e as técnicas de actuación son claves.

A Aula de Simulación da Área Sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras acollía na mañá deste sábado 11 de marzo os exames prácticos, da 491 edición, con pacientes reais que replican determinados síntomas que deben levar aos alumnos a actuar para salvarlles a vida. Unha víctima dun accidente de moto, unha muller embarazada atropelada, ou un accidente de tráfico eran algúns dos supostos.

O Hospital Universitario de Ourense ven organizando estes cursos desde 2009, grazas a contar entre os seus médicos con seis profesionais, dos servizos de Neurocirurxía, Urxencias e Anestesia e Reanimación, acreditados polo American College of Surgeons como instrutores deste prestixioso curso que, tanto en Estados Unidos como nun gran número de países, é imprescindible superar para exercer como médico.

 

 

Curso de control da hemorraxia no paciente traumatizado

Por vez primeira en Galicia mañá, promovido polo equipo de ATLS, que lidera a xefa de servizo de neurocirurxía Ana Pastor, Ourense acollerá o curso Control da Hemorraxia no paciente traumatizado (Stop the Bleed B-con) do programa formativo do colexio estadounidense de cirurxiáns, que capacita sobre como deter o sangrado nunha persoa con lesións graves.

O propósito do curso é ensinar tres acciones rápidas para controlar as hemorraxias graves: Resposta inmediata ao sangrado; aprender a recoñecer a hemorraxia que pon en risco a vida; e coñecer as formas apropiadas para deter o sangrado, aplicando tecnicas de recoñecida eficacia segundo as experiencias do persoal militar en recentes conflictos bélicos.

Artigos relacionados

Back to top button