CulturaCulturaMúsicaÚltima horaVídeos

Comparsa ‘O Tapón’, pioneira das charangas en Valdeorras

 

A finais de xuño e tras anos sen xuntarse, varios membros da Charanga O Tapón, unha pioneira en Valdeorras  activa nos anos 80 e 90,  volvían reunirse na adega de Miguel “Parra” en Xagoaza que volvía ser punto de encontro para o xantar dos do Tapón que comeron, beberon e cantaron coma nos vellos tempos. Pois máis famosas incluso que as súas actuacións eran as súas comilonas, “comidas de irmandade e esquecemento dos malos ratos”, que facían regularmente e mantiñan anos despois aínda que cada vez máis espaciadas no tempo.

 

 

A historia e as anécdotas desta comparsa-charanga poden lerse no Especial Festas de Agosto do Periódico O Sil en papel (páxina 28). Á venda en quioscos e librarías.

 

 

Fotos: O SIL e cedidas.
Vídeos: O SIL.

 

Artigos relacionados

Back to top button