DeportesPiraguismoÚltima hora

Competicións nacionais de descenso de augas bravas nesta fin de semana, no Barco

 

O programa da competición nacional de descenso de augas bravas que nesta fin de semana se desenvolve en Valdeorras iniciábase ás 15h. deste 11 de maio coa primeira manga da Copa de España sprint (velocidade) individual, cuxo percorrido, duns 200 m, comezaba un pouco antes da pasarela do Salgueiral do Barco e concluía uns metros despois de pasala. Ás 16h. estaba prevista a segunda manga.

 

 

Despois, o programa incluía o Campionato de España de Patrullas sprint (por equipos). Para mañá domingo, 6 de abril, o programa ten prevista a Copa España clásica individual ás 10:30h. Os competidores sairán da zona cercana ás piscinas municipais ao aire libre e a meta situarase en Arcos (Vilamartín).

Nesta cita participan preto de cen padexeiros duns 15 clubs de diferentes partes do norte de España, entre eles o Club Fluvial Barco.

Fotos e vídeo: O SIL.

Back to top button