ConcellosSan Xoán de RíoÚltima horaVídeos

Complicada mañá de neve nas estradas de San Xoán de Río

 

A mediodía subía a temperatura e derretía pero a nevada caída na noite e mañá deste venres 9 de marzo dificultaba o tráfico nas estradas do Concello de San Xoán de Río con coches atrapados na rede viaria local. “De 8 a 10 estivo cortada a subida ao Rodicio e os traballadores non chegaron”, explica o alcalde Xosé Miguel Pérez Blecua, engadindo que os nenos non puderon ir ao colexio porque non pasou o autobús.

 

 

Despois, entre a limpeza por parte dos traballadors de Río e a subida de temperatura a estrada xa estaba totalmente limpa e tranquilidade ata a noite porque “a previsión é que volva nevar a partir das 19 horas e dá moita neve para a madrugada”, adianta Pérez Blecua.

 

 

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button