Deportes

Con preto de 200 ciclistas

A Volta a España 2013 deixa Galicia polo oriente ourensán
Foto: Mónica G. Bellver
Foto: Mónica G. Bellver

Por segundo ano consecutivo, os veciños de Quiroga, A Rúa, Petín, Vina do Bolo e A Gudiña tiveron a oportunidade de ver pasar polos seus municipios o pelotón da Volta a España na que foi a quinta etapa do percorrido (174,3 km.), con saída en Sober (Lugo) e meta no Lago de Sanabria (Zamora).

O mércores 28 de agosto, a serpe multicor da Volta a España 2013 deixaba Galicia despois de catro días percorrendo as Rías Baixas e boa parte de Lugo, e facíao polas estradas de A Gudiña, nunha calurosa xornada que deixaba como vencedor ao australiano Michael Matthews que empregou 4h 28′ 22”.

En medio dunha gran expectación, pasadas as 13h. preto de douscentos ciclistas pertencentes a 22 equipos, tomaban a saída na praza do Concello lucense de Sober. Para o seu alcalde, Luis Fernández este feito “marcará un antes e un despois para a localidade”.

Texto: Mónica G. Bellver Foto:

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button