OurenseÚltima hora

O Concello oferta 600 prazas en actividades de conciliación este verán

Estas actividades lévanse a cabo en varios colexios de primaria, bibliotecas e centros cívicos, así como na Aula da Natureza
O aclalde, Jesús Vázquez, e a concelleira Belén Iglesias visitaron estas actividades no CEIP Irmáns Vilar.

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e a concelleira de Educación, Belén Iglesias, visitaron hoxe, 24 de xullo, aos participantes nunha das actividades que conciliación organizadas este verán polo Concello. En concreto, visitaron o CEIP Irmáns Villar.

Segundo lembrou o alcalde de Ourense, “hai un millar de nenos da cidade inscritos nestas actividades”. En canto ás actividades, estas lévanse a cabo en colexios coma este, así como en bibliotecas ou na Aula da Natureza. Tamén os Centros Cívicos de A Ponte, A Carballeira, San Francisco e o Couto ofertan actividades para estes nenos e nenas.

En concreto, segundo informacións achegadas polo consistorio, durante o mes de xullo as actividades levaranse a cabo en catro CEIPS da cidade: O propio Irmáns Villar, Mestre Vide, O Couto e A Ponte. Estas están dedicadas ao alumnado de Educación Primaria e contan con 300 prazas. Devanditas actividades son obradoiros, xogos, deportes, inglés ou saídas didácticas, entre outros, e están coordinadas por monitores especializados.

Por outra banda, nas bibliotecas, nos meses de xullo e agosto, farán actividades de animación á lectura para os nenos de 4 a 10 anos e contan con 200 prazas. E finalmente, nos centros cívicos centraranse en actividades para alumnado de educación primaria relacionadas coa natureza, saúde e medio ambiente e ofertan un total de 100 prazas.

Artigos relacionados

Back to top button