SanidadeÚltima hora

Concentración contra o peche de camas no HCV o 14 de xuño

Terá lugar ás 12:30h. diante do hospital valdeorrés e será convocada pola Xunta de Persoal deste centro sanitario
Representantes da Xunta de Persoal do Hospital Comarcal Valdeorras (HCV) do Barco, na rolda de prensa.
Representantes da Xunta de Persoal do Hospital Comarcal Valdeorras (HCV) do Barco, na rolda de prensa.

Como medida de protesta ante o peche de camas neste verán no Hospital Comarcal Valdeorras (HCV) a xunta de persoal deste centro vai convocar unha concentración o vindeiro martes 14 de xuño. “Este ano voltamos sufrir o peche do 20% das camas de hospitalización (un total de 80) do HCV durante os meses de xullo e agosto, o cal se traduce en menos actividade cirúrxica e menos capacidade de ingreso. Os peches de camas estanse a facer dende que somos área de xestión integrada”, aseguraba en rolda de prensa Víctor Pariente, membro da Xunta de Persoal do hospital do Barco.

“Dende a Xunta de Persoal”, indicaba ao seu carón Jesús Vilasánchez, “opoñémonos frontalmente a ese peche por iso imos convocar unha mobalización”. Será unha concentración que está prevista para o vindeiro martes 14 de xuño diante do hospital. “Facemos un chamamento á cidadanía para que participe e para que amose o seu rexeitamento a este peche de camas”, engadía Pariente.

Artigos relacionados

Back to top button