DeportesÚltima hora

Concentración Mototurística de Trives, nesta fin de semana

A iniciativa, que organiza o Motoclub Os Esquíos, chega a súa edición número 18

Foto: Carlos G. Hervella.

 

O ruxir dos motores escoitarase en Trives con motivo da Concentración Mototurística nesta fin de semana. A iniciativa, organizada polo Motoclub Os Esquíos, chega á edición número 18 cunha completa programación que se estenderá dende hoxe ata o domingo. Preto de medio millar de persoas inscribíronse neste encontro que tamén contribuirá a dinamizar a economía local da zona.

O programa arrancará esta tarde cunha criollada na Praza do Pilón e a festa da sangría. Ás 23.30 horas comezará a actuación dos Malditos Pendejos na Rúa San Martín. Mañá levarase a cabo a Ruta turístico-gastronómica tradicional e ao regreso realizarase unha ruta barítima con “porco no espeto”.

A partir das 20.30 horas organizarase unha gran churrascada e, seguidamente, unha ruta de bengalas en honor aos compañeiros falecidos nas estradas e unha exhibición acrobática na zona da Praza de Abastos.

O domingo realizarase un percorrido ata a Estación de Montaña Manzaneda, no que os participantes disfrutarán de espectaculares paisaxes. Despois celebrarase unha comida no pavillón de deportes e entregaranse os premios.

Artigos relacionados

Back to top button