ConcellosO BarcoÚltima horaVídeos

Concentración no Barco en apoio a Palestina

 

O Barco era unha das 24 vilas galegas que nesta tarde acollían concentracións de apoio ao pobo palestino baixo o lema “Paremos o xenocidio. Galicia con Palestina!. No caso da vila valdeorresa o acto tiña lugar ás 20h. na praza do Concello.

Numerosas persoas (algunhas coa bandeira palestina) asistían a este acto no que, tras a lectura dun manifesto, a concentración finalizaba berrando a consigna “Palestina vencerá”. Ademas anunciábanse novas mobilizacións deste tipo en breve.

Tamén se desenvolvían concentracións deste tipo en Allariz, Vilar de Barrio, Ourense, Ribadavia e Monforte de Lemos.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button