Na rúa volven a defender os xubilados valdeorreses o “sistema público de pensións”. Este 8 de outubro comenzaban unha serie de concentracións que se repetirán cada luns deste mes ás 12h. na praza do Concello do Barco, baixo o lema “En defensa do sistema público de pensións, hoxe, mañá e sempre” e “por unhas pensións dignas”. Están convocadas polo sindicato CCOO e polo Colectivo de Pensionistas de Valdeorras.
Na celebrada neste mediodía un dos voceiros deste colectivo, Lolo Gómez, lembraba as reivindicacións que motivan estas concentracións e aseguraba que “ata que non se plasmen nunha lei seguiremos mobilizándonos”. Entre esas demandas están a subida das pensións conforme ao IPC e “que se garanta un sistema de pensións dignas de por vida”. Tamén se reivindica que non haxa ningunha pensión por baixo do salario mínimo interprofesional.
Fotos: A.R.