SanidadeÚltima hora

Concentracións en centros de saúde e hospitais contra o bombardeo de centros sanitarios ucraínos

 

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco convocaba ás 12h. deste martes nos centros de saúde da provincia e nos hospitais concentracións nas que se gardaba un minuto de silencio “en repulsa polo bombardeo de hospitais e centros de saúde en Ucraína”.

Nestas imaxes poden verse imaxes da concentración celebrada no Hospital Público de Valdeorras, na que ademais de responsables e persoal do centro, estaban, entre outras persoas, a deputada valdeorresa do BNG no Parlamento galego, María G. Albert.

Outra das imaxes corresponde ao Centro de Saúde da Rúa e outras dúas da galería á concentración do Hospital de Ourense, á que acodían, entre outros responsables sanitarios e persoal, o xerente da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco, Félix Rubial.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button