CulturaCulturaGalerías de fotosMúsicaÚltima hora

Concerto da Banda A Lira de Ribadavia nas festas do Cristo do Barco

 

O Paseo do Malecón do Barco convertíase na tarde do domingo 12 de setembro en escenario do concerto da Banda de Música A Lira de Ribadavia, no marco das festas do Cristo. Trátase da formación musical máis antiga de Galicia, con documentos de 1800 que aluden á grande afección que tiña o pobo ribadaviense polas bandas de música.

 

 

O documento que acredita A Lira de Ribadavia como a decana galega data de 1840, con información da regularización salarial por parte do Concello aos mestres dunha escola de música fundada anos atrás. Desde entón organízase unha Sociedade Filharmónica destinada á formación da mocidade.

 

 

Baixo a batuta de Xabier Oliveira, o seu repertorio inclúe pezas Las arenas, Es vedrá, Alvamar, Coldplay, Leria leria, Carrapucheiriña, Mozos do penedo e A Santiago vou.

Esta era ademais a única actuación dunha banda de música que se inclúe no programa do Cristo deste ano 2021.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button