CulturaMúsicaÚltima hora

Concerto da pianista María Mendoza en Castrelo de Miño

A compositora actuará o venres 11 de marzo no parque náutico
Portada do disco
Portada do disco “Intro” de María Mendoza.

Dentro do ciclo de concertos ContemporáneA, e como un avance do seu primeiro traballo discográfico en solitario “Intro”, a pianista e compositoria María Mendoza dará un concerto no Parque Náutico de Castrelo de Miño o vindeiro venres 11 de marzo, ás 20:30 horas.

Tal como a propia autora explica, “Intro” é unha viaxe no tempo, un vagar entre épocas, a través de nove composicións orixinais (sete delas inspiradas en temas galegos). “Un convite a pechar os ollos e deixarse invadir polas antigas sonoridades mesturadas coas novas. Un intento de pechar o círculo, de dar voz ás músicas dos que xa no están para tentar permanecer no tempo”.

O ciclo ContemporáneA pretende ser un punto de encontro de músicos e artistas audiovisuais e plásticos que desenvolvan o seu traballo no eido da arte actual, contemporánea e experimental. Para iso estanse levando a cabo recitais didácticos de música os segundos venres de cada mes, dende decembro de 2015 ata abril de 2016, cos que o público asistente ten a oportunidade de coñecer de primeira man as novas tendencias da arte sonora.

Artigos relacionados

Back to top button