CulturaCulturaGalerías de fotosMúsicaÚltima hora

Concerto das bandas de gaitas Os Trintas e Devalar na primeira xornada da XLVI Festa da Bica de Trives

Publicidade
A música, a cultura e a gastronomía brillaron durante todo o día nesta vila

O primeiro día da Festa da Bica estivo cheo de actividades. Así, ademais da bica, a música e a cultura estiveron moi presentes nesta xornada de 27 de xullo.

A primeira actividade tiña lugar pola mañá: foi a Mostra-Desfile de bandas de gaitas polas rúas de Trives. Nel actuaron as Bandas de Gaitas Toxos e Xestas de Barcelona, Os Trintas de Trives e a Real Xuvenil. Ao rematar, a encargada de dar o pregón da Festa da Bica 2019 foi Victoria Alonso, da Confitería Luciano.

 

 

Xa pola tarde, ás 20:00 horas tiña lugar na Casa da Cultura o concerto da Banda de Gaitas Os Trintas en colaboración coa Banda de Gaitas Devalar do Concello de Amoeiro. Ámba-las dúas bandas están dirixidas por Santiago Mera.

Este concerto, que xa é un clásico da Festa da Bica, constou dun repertorio variado dende pasodoble galego ata muiñeiras de Camposa ou Freixido. Esta banda componse de persoas de todas as idades, xa que o grupo de iniciación está composto de cativos dende seis a oito anos.

 

O plato forte deste día era a Cea da Festa da Bica, ás 22:00 horas, que debido ás previsións de tormenta, facíase en Santa Leonor. O menú consistiu en pulpo á feira, carne ao caldeiro, viño, licor café, e sobre todo bica. Así, esta celebración estivo amenizada pola Charanga Nova Terras de Trives.

Texto: Alba Prada.
Fotos: Carlos G. Hervella excepto a sétima da galería que é cedida.

Artigos relacionados

Back to top button