
Dúas semanas despois de que varios músicos de AMAVA participasen nunha animada jam sessión no Barbudos, a Asociación de Música Alternativa de Valdeorras celebrará un concerto noutro establecemento hostaleiro do Barco.
Será o vindeiro sábado 11 de novembro no bar Beer para Creer, a partir das 22 horas.