
Xunto despois da festividade de Reis, o ciclo Enclave de Cámara organizado pola Concellería de Cultura retoma a súa programación co concerto do Dúo Amparo Lacruz (violonchelo) e Andreu Riera (piano). Esta formación, que leva tocando xunta desde os seus tempos de estudantes no Real Conservatorio Superior en Madrid e na Guilfhall School of Music and Drama de Londres, teñen tocado con algúns dos máis prestixiosos músicos de cámara do mundo como Endellion String Quartet, o Trio Fontanay, Edith Vogel, Hans Graf, José Luís García e Charles Tunnell.
O concerto será esta tarde, xoves 7 de xaneiro no Teatro Principal de Ourense a partires das 20:30 horas, con entradas dispoñibles en ataquilla.com e na propia billeteira do Teatro unha hora antes da función.
O programa está dividido en dúas partes.
I parte:
– Johannes Brahms (1833 – 1897)
Sonata nº 1 en Mi menor. Op. 38 (22´)
Allegro ma non troppo
Allegro quasi Menuetto
Allegro
– Frank Bridge (1879 – 1941)
Sonata en Re menor H.124 (20´)
Allegro ben moderato
Adagio ma non troppo. Molto allegro agitato.
II parte:
– Frederic Chopin (1810 – 1849)
Sonata en Sol menor. Op. 65 (28´)
Allegro moderato
Scherzo
Largo
Finale. Allegro