CulturaCulturaÚltima hora

Concerto de “Berteau Ensemble” o 29 de abril en Sober

A actuación terá lugar ás 20h. no Centro Sociocultural da localidade

 

A ‘Primavera Musical’ organizada polas Xuventudes Musicais e o Concello de Sober trae á localidade a actuación de ‘Berteau Ensemble’  formado por Pablo Pérez, Martín Egidi e Irene González. A actuación será o sábado día 29 ás 20:00 horas no Centro Sociocultural de Sober.

‘En Bologna e en París’ é un programa que xira en torno ao Violoncelo a finais do século XVII e durante todo o século XVIII. Sendo un instrumento relativamente moderno, é neste período cando máis se desenvolve a técnica, florece o repertorio e establécese definitivamente como instrumento indispensable na música de cámara e de orquestra ata a actualidade.

O repertorio céntrase na obra dos primeiros grandes virtuosos da orquestra da basílica de San Petronio en Bologna: Gabrielli, Jacchini, Bononcini, etc. así como da escola francesa creada por Berteau “Lle Célèbre BERTEAU qui a fait époque et dont a reputation subsiste encore, peut être considéré comme lle créateur du Violoncelle” (Duport, 1805, p.145) e continuada polos irmáns Jean-Pierre e Jean-Louis Duport.

Berteau Ensemble xorde dunha paixón compartida pola música antiga e a interpretación histórica. Martin Egidi, violoncello (Lausana, Suíza), Irene González Roldán, clave (Sevilla) e Pablo Pérez, violoncello (Madrid) coñécense na Schola Cantorum Basiliensis, prestixiosa institución educativa de música antiga en Suíza, onde colaboran habitualmente en diferentes formacións.

En Basilea cursan estudos de posgraduado na clase de grandes mestres como Christophe Coin e Andrea Marcon. Ao mesmo tempo, están a construír unha prometedora e versátil carreira como solistas, músicos de cámara, de orquestra e pedagogos. Son unha das xeracións mellor formadas e máis capacitadas que se van abrindo paso no panorama nacional e internacional.

Programa

D. Gabrielli: Sonata à Violloncello solo, con il Basso Continuo

G.M. Jacchini: Sonata à Violoncello Solo, Op. 1 nº 8

D. Gabrielli: Sonata à Violoncello solo, con il suo Basso Continuo

F. Geminiani: Sonata pour le Violoncelle et Basse Continue, Op. 5 nº 1, H.103

M. Berteau: Sonata da Camera a Violoncello Solo col Basso Continuo, nº 1

J.P. Duport: Sonata pour le Violoncelle, Op. 4 nº 5

Artigos relacionados

Back to top button