CulturaMúsicaÚltima hora

Concerto de “Big Grethel” no “Terrasón 2020” do Barco

A actuación tivo lugar o pasado sábado, 15 de agosto, ás 23:00h, no Paseo do Malecón

 

O Paseo do Malecón acolleu o sábado, 15 de agosto, o concerto de “Big Grethel”. A actuación, que comezou arredor das 23:00h, forma parte do ciclo musical “Terrasón 2020”, unha iniciativa do Concello do Barco que programa actividades similares ata principios de setembro.

“Big Grethel” é un dueto formado por Kenia e Francisco. Durante a súa actuación ofreceron un repertorio de temas acústicos interpretados con piano e voz. Os xéneros musicais variaron dende o pop ao jazz, pasando polo blues e o R&B.

 

Big Grethel en concerto.

 

O “Terrasón 2020” finalizará a súa cuarta fin de semana coa actuación de “Tomás Porteiro”, este domingo 16 de agosto, na sesión vermú. O concerto será ás 13:00h, no Paseo do Malecón, preto da Praza José Otero.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button