A música coral converterase en protagonista no concello de Parada de Sil o vindeiro 27 de agosto. A partir das 20h. a igrexa de Santa Mariña será escenario cun concerto no que participarán ata tres formacións musicais: a Asociación Cultural Amigos da Música de Verín, a Asociación Cultural Coro “Facundino Sahagún” e o Coro Aqua Muisca.