
Rematando o mes de xaneiro, o vindeiro sábado día 28, retomarase a celebración da Festa do Codillo da Rúa, con homenaxes, xantar no pavillón e fin de festa no Bravo Lux.
Tal como adiantan dende este local de hostalaría rues, ese día a partir das 19:30 horas terán un concerto do grupo de versións Gin Toni’s, seguido dunha sesión de música dos 80 e 90 a cargo de Motto Inda House e tamén indie pop a cargo de Dani Argü.
A entrada será libre.