
Dentro do proxecto cultural “Lugares Vivos”, organizado pola promotora I-radia Crea, que pretende levar a cabo actividades repartidas por escenarios cun grande valor patrimonial e cultural, terá lugar o vindeiro 10 de xuño unha actuación no Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil, en Parada de Sil.
O seu alcalde, Aquilino Domínguez, agradece a promotora a elección deste singular escenario, que ronda as 50.000 visitas anuais. O evento consite nunha ruta guiada polo mosteiro ás 11hs e ás 12,30h. un concerto de María Rodés. “Pretende a promotora por en valor o rural e oterritorio dende unha erspectiva feminista sendo o concertó a cargo dunha muller”, din dende o Concello de Parada de Sil.
Este mosteiro declarado Ben de Interese Cultural e situado nun espazo que ten o selo de Reserva da Biosfera da UNESCO será un dos lugares nos que se desenvolva esta actuación que é un dos proxectos elixidos dentro do programa TerritorioCultura, convocado pola Axencia Galega das Insustrias Culturais. As entradas e abonos saen a venda na web A Taquilla.