CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Concerto de Montana na Sala Baranda do Barco, o 15 de marzo

 

A música de Montana non se pode explicar, só sentir, din dende esta banda que se caracteriza pola súa capacidade para fusionar diversas influencias musicais nun son único e identificativo. E así o poderá comprobar o público valdeorrés no concerto que este grupo ofrecerá na noite do vindeiro venres 15 de marzo na Sala Baranda do Barco.

“Sin red” é o título do seu primeiro álbume, mesturado por Rafa Sardina, un recoñecido produtor que suma 18 premios Grammy. Definen as cancións deste traballo como crúas, vitais e sinceiras, “con letras profundas e melodías pegañentas e harmonías suxerentes que abranguen o espectro do Indie-Rock”. Para desfrutar delas só hai que achegarse á Sala Baranda o vindeiro venres.

 

Artigos relacionados

Back to top button