CulturaMúsicaÚltima hora

Concerto de música sacra do Orfeón Valdeorrés, no Barco

A actuación da coral será o venres 18 de marzo na igrexa de San Mauro

1934468

Despois da actuación na XVI Festa do Botelo celebrada a finais de xaneiro, o Orfeón Valdeorrés volverá deleitar ao público, nesta ocasión cun concerto de música sacra. Será o vindeiro venres 18 de marzo na igrexa de San Mauro, no Barco de Valdeorras.

Primeiro, ás 19 horas o orfeón dirixido por José Ramón Mansilla, cantará a misa e a continuación, en torno ás 19:45 horas comezará o concerto cunha selección de temas relixiosos.

Artigos relacionados

Back to top button